Deputación de Lugo

Concello de Ribadeo

Ribadeo eventos

A porta de Galicia

Estou planificando un evento

Como chegar

Ribadeo está situado no noroccidente da península Ibérica, é a porta de entrada a Galicia polo Cantábrico. Pola súa situación é un lugar estratéxico para os encontros da cornixa cantábrica.

Como chegar?


Ver mapa más grande

Por estrada

As principais estradas son a A8, que comunica Santiago de Compostela con Irún, e a N634 que une Santiago con San Sebastián. Está ben ligada co tráfico local xa que, por exemplo, está unida con Lugo pola N640.
As distancias por estrada coas principais vilas galegas son:

Santiago: 192 km.
A Coruña: 156 km.
Ferrol: 126 km.
Vigo: 227 km.
Pontevedra: 252 km.
Lugo: 86 km.
Oviedo: 136 km.
Avilés: 105 km.

Por tren

A liña Ferrol-Xixón de Ferrocarrís de Vía Estreita (FEVE), pasa polo noso litoral e ten apeadoiros en Esteiro (A Devesa), Os Castros, Rinlo e Ribadeo.

Por aire

O aeródromo situado en Vilaframil favorece a conexión por vía aérea con todos aqueles lugares que dispoñen de aeroportos e aeródromos. 

Os aeroportos internacionais máis próximos son o de Asturias (Avilés) a 133 km, o de Alvedro (A Coruña) e o de Lavacolla (Santiago de Compostela).

Directorio de comunicacións

Estación de autobuses
Avenida Rosalía de Castro
(+34) 982 128 042

Operan as liñas ALSA ( (+34) 902 422 242
 / alsa.es), Arriva ( (+34) 902 277 428 
/ arriva.es) e INTERCAR. 



Estación do tren
Os Garitos
, s/n
(+34) 982 130 739


Aeródromo de Vilaframil
N634 (km 557,5)
, Vilaframil

(+34) 982 128 205


Servizo de Taxis de Ribadeo
Praza de España
(+34) 646 060 505

*Ribadeo dispón dunha parada de taxis situada na Rinconada de San Francisco, ao carón da igrexa de Santa María do Campo.