Deputación de Lugo

Concello de Ribadeo

Ribadeo eventos

A porta de Galicia

Estou planificando un evento

Obxectivos

Desenvolvimos esta web para que planifique a súa viaxe coa maior comodidade, adaptándonos ás súas necesidades a través dunha oferta ampla, variada e de calidade.

Queremos amosar ao mundo o potencial que Ribadeo ten neste eido, grazas á súa diversa oferta tanto a nivel organizativo como de lecer. 

Como funciona?

Para comezar a organizar o seu evento, só ten que introducir o número de persoas que está previsto que participen nel. A partir de aí, irémolo guiando a través do proceso de escolla de salas, aloxamento, restaurante e actividades de ocio, se o precisa.

Ao rematar a súa escolla, enviarémoslle un email para estar en contacto e ultimar detalles. Nesta web atopará todo o que necesita para que a súa viaxe ou evento sexa todo un éxito.

Ademais, tamén podemos deseñarlle a mellor oferta complementaria durante e despois do evento. Lembre que somos totalmente flexibles ás súas necesidades.