Deputación de Lugo

Concello de Ribadeo

Ribadeo eventos

A porta de Galicia

Estou planificando un evento

Ribadeo cultural

Ribadeo, porta norte de Galicia pola que penetra o Camiño Norte de Santiago, foi e segue a ser a vila na que se históricamente se centrou a actividade comercial máis importate da comarca. Froito deste pasado, atopamos unha gran riqueza arquitectónica, que se complementa co peculiar carácter de Ribadeo dos "indianos", emigrantes galegos que volveron á súa terra traendo consigo estilos arquitectónicos europeos e coloniais de principios do século XX.

Grazas a estas confluenza de correntes, Ribadeo posúe xoias da arquitectura civil galega como a Torre dos Moreno, emblema da vila. Mais as manifestacións da nosa cultura van máis alá dos edificios e contamos cunha ampla programación cultural ao longo de todo o ano: actuacións musicais, teatro, exposicións, cine e concertos de música contemporánea, entre outros.

adiante atras