Deputación de Lugo

Concello de Ribadeo

Ribadeo eventos

A porta de Galicia

Estou planificando un evento

Ribadeo, un escenario de vida

A xoia do norte

Ribadeo, vila de grandes contrastes, ofrécelle ao viaxeiro infinidade de espazos e sensacións. Dende a paisaxe infinita das costas crebadas do Cantábrico ata as augas mansas da ría, dende os bucólicos vales do interior e os horizontes abertos da rasa, ata as aldeas tradicionais e a sofisticación cosmopolita das casas indianas. Natureza e cultura, tradición e modernidade preséntanse en harmonía ante os nosos ollos.

A nosa vila ofrece unha gran variedade de posibilidades, de singulares paisaxes, de opcións culturais, gastronómicas, de espazos versátiles e flexibles. Lugares con encanto para descansar, e gozar dunha reunión nun espazo diferente. Un lugar onde o benestar persoal e o trato profesional son posibles ao mesmo tempo.

Na nosa vila pode atopar:

  • unha ampla e diversa oferta de aloxamentos.
  • restaurantes de calidade.
  • dinamismo na vila e vida nocturna.
  • espazos públicos e privados para a organización de eventos.
  • riqueza natural e paisaxística, con espazos que son Reserva da Biosfera, Monumento Natural, Rede Natura, LICs e zonas Zepa.
  • riqueza histórica e cultural, avaladas polo seu centro histórico e a singular beleza da vila.
  • beneficios dos ambientes rurais: natureza, tradición, valor do tempo, intimidade, gastronomía, ritmo do evento…

Quere coñecernos un pouco máis?

adiante atras